Mostrando entradas con la etiqueta Señor Kalashnikov. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Señor Kalashnikov. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de marzo de 2010

RUXE RUXE SEÑOR KALASHNIKOV

No momento en que escribo estas liñas inda estou baixo o feitizo da noite anterior. Soa o teléfono e volvo escoitar, despois de moitos anos, a voz dun compañeiro universitario. Dime que estivo onte no concerto dos RUXE-RUXE e que o sair cos amigos tralo espectáculo quitoulle o precinto ao novo CD do grupo, "Na Fura de Diante", e viu alí un debuxo meu naquel libreto. O mesmo aconteceu con algúns outros coñecidos meus que me mandaron mensaxes polo facebook. Non nos atoparamos no concerto pero eles atoparan restos meus naquel disco.

Nos concertos non canto moito e tampouco bailo. Cando vou, é para me deixar mexer polas voces, polos instrumentos, polo fume, pola posta en escea, as luces, os coros, as fantasías, os amigos/-as... paso desapercibido e disfruto do que ofrecen os artistas no escenario. Onte era doado non chamar a atención con aquela sala de concertos petada. O fato de xente que houbo rendendo amizade, gosto e agradecemento aos RUXE-RUXE vibraba cos acordes e cos sons que encheron de cores as dúas horas de estadía no Capitol. Todo se douraba de irrealidade coas persoas debuxadas baixo esas luces frenéticas. A maxia do rock, disque. As cancións que soaron na pasada noite compostelá e o xeito enfervorecido de entonalas por parte dos que estaban congregados alá redundan a idea de que este grupo xa hai un tempo que tiña que ser considerado de culto. Seica poden resultar pouco obxectivas as miñas verbas dada a amizade que me une a este grupo, pero pódeselle engadir á miña subxectividade ó poder feiticeiro da música dos Ruxe, con esa facilidade evocadora da cultura do país, ou a esas letras sociais na máis pura tradición dos vellos literatos en lingua galega, dándolle contido emocional ás palabras cando falan de identidade...

O caso
é que cando se puxeron en contacto comigo para lles facer unhas ilustracións para o novo disco, non podía negarme. Déronme a maqueta do novo disco e vía libre para debuxar o que quixera.

E as
í naceu a miña visión do Señor Kalashnikov.

Petando no meu Ipod pasei uns dias escoitando este traballo, afac
éndome a él, ata que por fín un día descubrinme facendo un boceto mentres escoitaba unha canción que se estaba a repetir no aparato.




"Vou acabar co mundo, rematarei con el,

destruireino todo... de contado.

E non teñades medo á hora de morrer,

rezade de xeonllos contra a vosa parede!

... Porque eu son o señor Kalashnikov...
Axustarei as contas, eu serei a xustiza

atoparei culpabeis co meu punto de mira

E apuntarei en firme, non dubidarei,
eu son escollido... a derradeira lei.

... Porque eu son o señor Kalashnikov...

Eu son o
Mesías, eu son o salvador,
das ialmas devotas serei o redentor.
Refarei o mundo, serei o creador,
adorade todos... ao voso novo señor..."

De alí a un chisco xa estaba na casa entintando a ilustración e dandolle color:



Engadindo tramas a tinta:



O derradeiro paso: darlle cor



Un mes antes da sa
ída do disco á venta, xa me mandaran o resultado final coa maquetación do libreto feita por Xulio:



Parabéns ós Ruxe Ruxe polo novo disco e infinitas grazas polas dúas horas de festa rachada de onte e por todo o demáis...
 
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.